15 anos de Proxecto Terra

22 Jun 15 anos de Proxecto Terra

Neste curso 15-16 o Proxecto Terra cubre 15 anos de colaboración co mundo educativo galego e celebrano cunha exposición itinerante na que presentamos os últimos recursos elaborados: “PAGUS. Galicia, un país de paisaxes” para Educación Secundaria e “Sabela e as zocas máxicas” para Educación Infantil.

Esta exposición inaugurouse o pasado 6 de xuño na Coruña e continuará a súa itinerancia polas sete cidades galegas co seguinte calendario:

Santiago de Compostela: do 20 ao 27 de xuño
Pontevedra: do 28 de xuño ao 4 de xullo
Vigo: do 5 ao 11 de xullo
Ourense: do 12 ao 18 de xullo
Allariz: do 19 ao 26 de xullo
Lugo: do 27 de xullo ao 2 de agosto

Máis información na web do Proxecto Terra

Aportacións

Aportacións



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas e mellor experiencia de uso e navegación. Se continúas a navegar das o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, fai click no enlace para máis información. ACEPTAR