Somos Paisaxe | Concurso A Túa Paisaxe do Verán
 

Concurso A Túa Paisaxe do Verán

01 Ago Concurso A Túa Paisaxe do Verán

No marco do programa Somos Paisaxe financiado polo Insitituto de Estudos do Territorio, a Fundación Galicia Sustentable convocará unha serie de concursos cos que se pretende activar unha mirada da poboación sobre a paisaxe que transcenda o estético e comunique aspectos relacionados cos valores da paisaxe no desenvolvemento socioeconómico e/ou no benestar dunha sociedade

Na procura dunha visión diversa e dinámica das paisaxes convocaranse 4 concursos: Esta primeira convocatoria, “A Túa Paisaxe do Verán”, está aberta do 1 de agosto ao 21 de setembro. Tras a súa resolución se abrirán as seguintes edicións “A Túa Paisaxe do Outono”, “A Túa Paisaxe de Inverno” e “A Túa Paisaxe de Primavera”.

Recorda que tamén podes compartir as túas imaxes co hashtag #eusonpaisaxe para mostrar a nosa relación co medio e a súa configuración.

Máis información e bases >>

Aportacións

Aportacións



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas e mellor experiencia de uso e navegación. Se continúas a navegar das o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, fai click no enlace para máis información. ACEPTAR