24 Sep Sorteo para incentivar a participación no deseño do Catálogo das Paisaxes de Galicia
No marco do programa Somos Paisaxe financiado polo Instituto de Estudos do Territorio, a Fundación Galicia Sustentable establece un sorteo co que se pretende impulsar a participación da poboación en xeral na plataforma SIXWeb para a participación non deseño dos Catálogos da Paisaxe de Galicia.
Un obxectivo principal do Catálogos da Paisaxe de Galicia é levar a cabo un programa de participación pública efectiva, que asegure a representación da opinión cidadá dende o inicio do proceso e a incorpore no resultado final.
A Fundación Galicia Sustentable, no marco do convenio de colaboración para a implicación social coa Paisaxe Galega asinado co Instituto de Estudos do Territorio da Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia ven de establecer un sorteo co que se pretende impulsar a participación da poboación en xeral na plataforma SIXWeb para a participación non deseño dos Catálogos da Paisaxe de Galicia. A través desta nova iniciativa de promoción, as persoas que participen poderán gañar unha das 12 noites de aloxamento e almorzo, unha por cada unha das 12 Áreas Paisaxísticas de Galicia.
O obxectivo deste sorteo e impulsar a participación da poboación en xeral na plataforma para o deseño do Catálogo das Paisaxes de Galicia. É por isto que para poderse inscribir na lista do sorteo é preciso estar correctamente rexistrado na plataforma SIXWeb para o deseño do Catálogo das Paisaxes de Galicia e ter participado no mesmo coa sinalización de, cando menos, un punto.
Entrarán a formar parte da lista para o sorteo todas aquelas persoas maiores de 18 anos que escriban un coreo electrónico a sorteopaisaxe@galiciasustentable.org. No correo electrónico para se inscribir no proceso de participación deberán facer constar nome, apelidos, DNI e nome do usuario na plataforma SIXWeb.
A inscrición para o sorteo poderá realizarse en calquera momento do proceso de participación no deseño do Catálogo das Paisaxes ata o 5 de novembro de 2015.
As bases permanecerán dispoñibles ao público en www.somospaisaxe.org/concursos.